Inicio Noticias Saída cultural dos alumnos de 1º e 2º ESO

Saída cultural dos alumnos de 1º e 2º ESO

O pasado día 25 de outubro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.

O destino principal da saída foron as Fragas do Eume, onde fixemos unha rota de sendeirismo camiñando a través das mesmas acompañados dun guía do parque que nos ía explicando a historia das Fragas e moitas das curiosidades das mesmas. Ademáis, perante o camiño, foilles explicando diversos aspectos sobre o coidado e recuperación da fauna e flora da contorna. O parque é un bo exemplo de bosque de ribeira, e distínguese polos seus ecosistemas de elevada diversidade, particularmente en canto á flora. 

Despois trasladámonos a comer a Coruña, onde desfrutaron dun tempo de lecer.

Pola tarde , visitamos o Castelo de San Antón, onde o profesor de Xeografía e Historia explicoulles a historia do mesmo e algúns dos conceptos que van a estudar ou xa están estudando os alumnos nestes días. 

Foi un día moi proveitoso, onde tanto alumnos como os seus profesores desfrutaron moito de ámbalas dúas visitas.