O mércores, día 20 de xuño, os alumnos de 1º e 2º da ESO, prepararon unha divertida mañá científica para os alumnos máis pequenos do colexio.
Durante algúns días estiveron preparando unha serie de experimentos que resultasen sinxelos e vistosos para os alumnos de EI. Unha vez que remataron os exames de todas as áreas, empregaron ben o tempo que lles quedou en facer por grupos, unha busca concienzuda de distintos experimentos na rede. A continuación repartíronse o traballo que cada membro do grupo tiña que facer e por último tiveron que probalos para que nada fallase o día da presentación.
O día da posta en práctica dos experimentos, os alumnos da ESO, baixaron ao lugar de celebración da xornada e prepararon todo o necesario para cada unha das experiencias. Unha vez tiveron todo montado e os seus postos adornados, un grupo de alumnos acudiu as clases de Educación Infantil a informalos de que xa tiñan todo listo para dar comezo a esa lúdica xornada, e pedíronlles que os acompañasen.
Os alumnos de Educación Infantil quedaron moi sorprendidos ao ver todo o que tiñan montado e ao principio non eran quen de achegarse a ningún dos experimentos. Os alumnos da ESO foron quen de ir atraéndoos a cada unha das diferentes experiencias e conseguiron unha boa interacción coas mesmas.
Desenvolveron varias actividades simultáneas e os pequenos ían pasando por cada unha delas realizando todo o que os mais maiores lles propoñían.
Foi unha xornada moi amena e instrutiva onde se acadaron moitas aprendizaxes dende ambas partes, de pequenos a maiores e viceversa.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.