Informámosvos de que, para o vindeiro curso 2018-19, levarase a cabo un cambio de modelo da “roupa deportiva do colexio”, que será substituído por outro modelo institucional e igual para todos os alumnos dos colexios da Asunción de España.
A pesares disto, nos próximos dous anos académicos permitirase o uso do novo modelo e do chandal actual, para que os alumnos poidan aproveitar o que teñen ou o que reciban dos irmáns.
A adquisición do modelo novo está prevista que se realice do seguinte xeito:
As datas para a adquisición serán:
- Día 4 de setembro, de 10:30 a 19:00 h, en horario continuo.
- Día 5 de setembro, de 10:00 a 16:00 h, en horario continuo.
Os alumnos poderan probar as prendas, como en calquera tenda física.
As familias poden escoller a seguinte forma de pago: en efectivo, con tarxeta bancaria ou coa tarxeta de compra do “Corte Inglés”.
Na tramitación de compra, deben seleccionar un lugar de recollida, teñen que elixir unha tenda de A Coruña, e ao final do proceso, no campo observacións, hai que indicar: “Colexio da Asunción de Sarria (Lugo) - Nome e apelidos do alumno”.
O pedido enviarano ao centro educativo, sen ningún gasto de envio.
Para calquera dúbida, podedes dirixirvos á secretaría ou a Dirección do colexio.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.