Inicio Noticias Colaboración co Concello no día do Corpus

Colaboración co Concello no día do Corpus

Con motivo da celebración do CORPUS CHRISTI, dende o Concello solicitan a nosa colaboración e Dna. Pilar López, alcaldesa de Sarria, envía a seguinte información para que a deamos a coñecer:

A elaboración das alfombras florais, terá lugar o vindeiro día 2 de xuño, a partir das 14:00 h, coa colocación das plantillas, que posteriormente serán recubertas coas flores recolectadas e outros materiais necesarios. 

O día 3 de xuño, celebrarase a misa solemne e a procesión dende a Igrexa de San Salvador ata a Igrexa de Santa Mariña.

En primeiro lugar, queremos solicitar a colaboración de todos os centros para a recolleita de pétalos (material difícil de conseguir actualmente), por parte dos alumnos e a súa entrega durante a mañá do día 1 de xuño, nos baixos da Igrexa do Rosario.

Sempre e cando sexa posible, deberían estar clasificados por cores e entregados en caixas de cartón para evitar o seu deterioro.

En segundo lugar, pedir a vosa colaboración para solicitar aos nenos/as que o desexen, a súa axuda para colocar as plantillas e posteriormente as flores na rúa Maior.

Esperando recibir unha boa acollida á proposta, por parte das familias de Sarria, quedamos á vosa disposición para calquera dúbida que poida xurdir.

 

Moitas grazas de antemán!