Inicio Noticias Xornada ISK4

Xornada ISK4

O pasado luns, día 16 de abril, os alumnos de 1º e 2º da ESO e a meirande parte do claustro de profesores, asistiron a unha xornada que tiña como temática principal a identidade dixital.

Esta xornada foi dirixida por Ana Álvarez, membro do Centro de Seguridad en Internet para menores de edad en España , Internet Segura for Kids (IS4K) e pertencente ao Incibe (Instituto de Ciberseguridade),

Tanto alumnos como profesores participaron nun taller titulado "A túa información vale moito".  Este taller dividíase en dúas partes, a primeira que se denominaba "Protexe a túa imaxe" foi levada a cabo polos alumnos de 2º da ESO e os alumnos de 1º fixeron a segunda parte que levaba por título "Deixando unha pegada positiva". Os profesores realizafon ambas partes.

Na primeira delas poideron coñecer como protexer a súa propia información e imaxe e cales son as precaucións a levar a cabo para ter en conta a nosa privacidade, e na segunda aprenderon como construir unha identidade dixital positiva de modo que xere unha boa reputación online.

Tanto alumnos como profesores prestamos moita atención xa que é un tema que nos atingue moi de preto ao estar rodeados a cotío das novas tecnoloxías. 

Con este tipo de iniciativas preténdese que os alumnos empreguen de xeito adecuado as novas tecnoloxías e que aprendan a protexer a súa información e a súa privacidade, ademáis de facerlles tomar conciencia das consecuencias dun mal uso destas tecnoloxias.