Inicio Noticias Día do consumidor

Día do consumidor

O día 15 deste mes de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP e os alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron a sendas videoconferencias sobre consumo responsable.

A destinada aos alumnos de EP, realizouse ás 10 da mañá e levaba por título " Unha pegada cara ao consumo responsable". A charla foi impartida pola Escola Galega de Consumo. A través dun conto, os rapaces escoitaron os problemas que poden xurdir á hora de mercar un produto, un regalo neste caso, e como poden resolverse.

A charla para 1º e 2º da ESO levouse a cabo ás 12 da mañá e tamén se realizou dende a EGC. Para esta etapa a charla levaba por título "Coñece os teus dereitos como persoa consumidora".

Fundamentalmente os contidos tratados nas dúas charlas foron os mesmos. Explicáronlles que como consumidores temos que coñecer e facer valer os nosos dereitos, malia que tamén temos obrigas que cumprir. Neste caso temos a responsabilidade de coidar o medioambiente a través da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo. Dez consellos que nos axudan a mercar con total garantía e seguridade e donde tamén están presentes as nosas responsabilidades á hora de mercar e á hora de contribuir á consevación da natureza. E tamén cales son os organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras.

Logo da charla abriuse unha rolda de preguntas nas que se responderon todas as dúbidas que puidesen ter os alumnos/as.

Dende o colexio agradecemos á Escola Galega de Consumo a oportunidade de asistir a este tipo de charlas, así como a idoneidade dos contidos tratados.