Inicio Noticias Fase de centro do Rally Matemático

Fase de centro do Rally Matemático

Tres grupos de 1º da ESO, dous de 2º da ESO e un grupo de 3º ESO participaron hoxe na fase de centro do Rally Matemático convocado por Igaciencia.

Traballaron con intensidade durante unha hora na resolución de seis problemas. Neste Rally valorase tanto atopar a solución dos problemas como a posterior explicación dos resultados. 

Esta iniciativa de Igaciencia pretende promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes e favorecer o traballo colaborativo.

Tiveron que distribuir eficientemente o traballo entre os distintos membros do grupo, resolución de exercicios, entrega das respostas breves, redacción das respostas ampliadas...

 

Agardamos que teñan moita sorte e logren chegar á seguinte fase, meréceno polo esforzo realizado!!!