Inicio Noticias Entrega de premios "Poesía de Nadal"

Entrega de premios "Poesía de Nadal"

As alumnas Noa López Tallón, de 4º curso de EP e Luana Valiña Piñeiro, de 1º de ESO resultaron gañadoras na fase provincial do “Certame de Poesía Infantil” que convoca a Biblioteca Pública de Lugo.
Noa e Luana recibiron como premio polos seus poemas unha estatuiña de Sargadelos, un lote de libros e diploma.
O acto estivo presidido polo Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. José Manuel Balseiro e a directora da biblioteca, dona Elena García, entre outras autoridades, que animaron aos premiados a seguir participando nestes concursos e sobre todo a seguir lendo.
Parabéns ás gañadoras polos magníficos traballos presentados!