Dúas alumnas do colexio, María Pombo Valcárcel e Luana Valiña Piñeiro acaban de gañar o 1º e o 3º premio da súa categoría, no concurso de Relato curto Trapero Pardo.
As alumnas recibiron como agasallo unha “Tablet” e un “Reloxo deportivo”, respectivamente, así como un lote de libros cada unha.
O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello de Lugo e estivo presidido por Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e polo concelleiro de Educación e a concelleira de Bienestar social, igualdade e inclusión, así como polo presidente do xurado e outras autoridades.
Resaltouse a calidade dos traballos, ao tempo que se animou aos alumnos a seguir lendo e escribindo.
Agradecemos ao Concello de Lugo o fomento de actividades deste tipo, que teñen como obxectivo potenciar a creatividade e o gusto pola literatura.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.