Inicio Noticias Clases sen fume

Clases sen fume

O pasado xoves, 8 de febreiro, dous membros da Consellería de Sanidade acudiron ao noso centro a facer unha cooximetría, medición do monóxido de carbono nalgúns dos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO, para comprobar que se estaba cumprindo co compromiso que a clase asinou no programa “Clases sen fume”. O compromiso require non fumar durante o tempo que dure o concurso. Superaron a proba sen problemas.

A continuación os alumnos tiveron unha charla sobre alimentación saudable. Prestaron grande atención xa que lles resultou moi interesante e puideron descubrir moitos datos sobre as dietas que estaban a seguir. Comprobaron os erros que están seguindo na alimentación diaria e tamén todas aqueles hábitos que podían mellorar ou corrixir para ter unha saúde satisfactoria. Ademáis comentáronlles algunhas cousas sobre os produtos de consumo habituais que non sabían.