Inicio Noticias Visita ao centro de Ledicia Costas

Visita ao centro de Ledicia Costas

Hoxe, no noso centro, contamos cunha convidada especial: Ledicia Costas. A autora de títulos coma "Esmeraldina a nena defunta" ou "Escarlatina a cociñeira defunta" conseguiu con esta charla que os alumnos que leran as súas obras, se puidesen mergullar un pouco máis nelas. 

Resultou unha visita moi proveitosa xa que non é frecuente que os alumnos podan coñecer aos autores dos libros que len.

Ademais a autora amosouse moi cercana a eles e firmoulles todos os exemplares que traían os alumnos.  

Dende o colexio da Asunción agradecemos a Ledicia a súa amabilidade e o todo o tempo que nos adicou!