Inicio Noticias Os alumnos da ESO acuden ao Teatro

Os alumnos da ESO acuden ao Teatro

Os alumnos de toda a ESO acudiron o mércores, 17 de xaneiro, ao auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir á representación da obra teatral “Bodas de Sangre”, de Federico García Lorca, a cargo da compañía Recursos.

A representación foi positivamente valorada polos alumnos e despois da actuación levamos a cabo un coloquio cos actores onde se falou de distintos aspectos do significado da obra e da labor dunha compañía teatral.

Subliñar que esta saída esta enmarcada dentro da programación didáctica do curso escolar. Posteriormente os contidos e características da obra foron tratados no tempo lectivo da asignatura de "Lengua y Literatura Española".