Os alumnos de cuarto de Primaria visitaron hoxe no antigo cárcere a exposición “nós + outrxs en rede”, proxecto no que participan artistas que, coas súas obras, queren amosar a súa reflexión particular sobre a problemática de xénero. Unha desas artistas é Violeta Bernardo, que ademáis, foi mestra no colexio durante máis de trinta anos, e tivemos a sorte de que nos acompañase nesta visita como guía excepcional. Quen mellor que ela para explicarnos a intención coa que cada artista realizou o seu proxecto, ademáis de falarnos de materiais e técnicas utilizadas. Queremos darlle as grazas a Violeta porque sempre está ahí para botarnos unha man cando llo pedimos, e por dar aos alumnos tan bós consellos e transmitirlles o seu amor polo arte. Aquí podedes ver distintos momentos da visita, na que os alumnos estiveron moi atentos e interesados por todo o que lles contaron.
Premede na seguinte imaxe para ir ao seu blogue e poder ver máis fotos!!!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.