Hoxe venres, 24 de outubro, varios alumnos de 3º e 4º da ESO do noso colexio, acudiron ao Concello para asistir a lectura dun manifesto contra a Violencia de Xénero.
Dende o CIM fixeron unha montaxe cos traballos enviados dende os distintos centros educativos do Concello de Sarria, e á vez que esta montaxe se proxectaba, un representante de cada centro ía lendo parte do manifesto.
Por parte do Colexio da Asunción, leu a parte que nos correspondía a alumna de 4º da ESO Paula No.
Na seguinte galería podedes ver algunhas das imaxes deste acto.
E tamén vos deixamos o vídeo que publicou o Concello da lectura:
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.