Inicio Noticias Visita á Copa do Mundo en Santiago

Visita á Copa do Mundo en Santiago

O pasado xoves, os nosos futbolistas do equipo de fútbol benxamín, convidados pola Federación Galega de Fútbol, asistiron en Santiago de Compostela, a un recoñecemento aos Campións do Mundo galegos: o árbitro Diego Sánchez Rojo, o futbolista Borja Iglesias e o presidente da Federación Española de Fútbol Rafael Louzán. Tamén se fixo un recoñecemento especial ao mellor adestrador do mundo: Luis De La Fuente, o cal chegou ao Multiusos Fontes do Sar coa Copa do Mundo conseguida pola Selección Española o pasado mes de xullo en EEUU.

Os nosos alumnos desfrutaron do recoñecemento, sentindo moi de preto aos seus ídolos futbolísticos e puideron ver de cerca e fotografiarse coa Copa do Mundo.

Unha xornada chea de ilusión e moitas emocións cunha magnífica organización da Federación Galega de Fútbol.

Una xornada inolvidable para eles!

Mirade como desfrutaron…