Inicio Noticias Obra de teatro "Golpes"

Obra de teatro "Golpes"

Os alumnos de 3º e 4º de ESO con motivo do 25N acudiron á Casa da Cultura de Sarria para asistir á representación teatral “Golpes” a cargo da actriz Estíbaliz Veiga.  Na obra abordáronse varios aspectos da violencia de xénero co exemplo de unha víctima que a sufriu durante varios anos. A representación foi un monólogo moi intenso que espertou o interese dos alumnos xa que estaba presentada dende o punto de vista de unha persoa da súa idade.