Inicio Noticias Asuntillos "Todos somos luz"

Asuntillos "Todos somos luz"

Unha xornada para descubrir como ser luz para os demais.

Ao longo da xornada celebramos un divertido e enriquecedor obradoiro no que os diferentes grupos participaron nunha xincana chea de retos, probas e descubrimentos. A través de cada desafío, foron descubrindo de que maneira podían ser luz para os demais, comprendendo que pequenos xestos, palabras amables e accións solidarias poden iluminar a vida das persoas que nos rodean.

Foi unha xornada moi dinámica, alegre e chea de sensibilidade, na que os participantes se implicaron con enorme entusiasmo e ilusión, descubrindo por si mesmos o verdadeiro sentido do obradoiro e a importancia de converterse en luz para os demais.

Queremos destacar especialmente o labor das monitoras, que se involucraron de maneira extraordinaria na actividade, colaborando, axudando e participando activamente en cada unha das propostas.

A súa implicación, proximidade e entusiasmo foron fundamentais para facer desta experiencia unha xornada tan especial.Unha experiencia chea de aprendizaxes, emocións e pequenos grandes xestos que nos lembran que todos podemos ser luz na vida dos demais.