O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e no noso cole celebrámolo coa actividade «O Camiño Lector da Biblioteca», unindo a lectura co Camiño de Santiago.
Todo o alumnado, desde Educación Infantil ata 4º da ESO, participou en lecturas adaptadas á súa idade e recibiu unha cuncha de peregrino/a.
Ademais, cada alumno e alumna escribiu o título dun libro lido nunha frecha, que se colocou na etapa correspondente, creando entre todos e todas un gran Camiño Lector polos corredores e escaleiras do centro.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.