Inicio Noticias Un día de granxeiros no Palomar

Un día de granxeiros no Palomar

O alumnado de Educación Infantil de 4 e 5 anos visitou a granxa O Palomar, en Láncara, onde se converteron en auténticos granxeiros e granxeiras por un día

 

Déronlle de comer ás vacas, prepararon os biberóns para os becerriños e aprenderon como se muxen as vacas. Ademais, gozaron dun delicios almorzo preparado con moito agarimo por Odón e Kiara, que nos recibiron coa súa amabilidade e foron uns anfitrións excepcionais.

 

Foi unha xornada chea de descubrimentos, aprendizaxes e momentos divertidos, na que os nenos e nenas o pasaron fenomenal e amosaron un comportamento estupendo.

 

Grazas, Odón e Kiara, por facernos sentir coma na casa e regalarnos unha experiencia tan divertida!!