O luns 25 de maio o alumnado de 5º de primaria asistiu a unha actividade no supermercado Eroski de Sarria, na que levaron a cabo varias actividades que relacionan o mundo matemático coa vida diaria, como pode ser o feito de facer a compra.
Primeiro foron á sección de perfumaría, na que debían escoller tres produtos e apuntar a capacidaDe e o precio, para logo ordealos de menor a maior.
Despois, cun folleto de oferta, tiñan que averiguar se un presuposto lles chegaba para comprar unha serie de produtos, tendo en conta que tiñan desconto.
Na última actividade, debían mercar produtos para o almorzo seguindo unhas pautas: debían ser saudables, algún produto debía de ser galego e ademáis tiñan que calcular por aproximación o que ían gastar antes de chegar á caixa. Todos foron moi rápidos e eficaces, e pasaron pola caixa alimentos variados e diferentes aos que están afeitos.
O persoal do supermercado foi moi amable e axudoulles en todo momento.
Ao rematar, levaron como agasallo. Foi unha actividade moi amena, interesante e educativa e os alumnos e alumnas estiveron moi atentos para realizar as tarefas propostas.
Visitade o blogue premendo na seguinte imaxe:
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.