Inicio Noticias Información fondo libros

Información fondo libros

Xa saíu publicada no portal da Consellería de Educación a "Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2026/2027".

Pódense presentar telemática ou presencialmente, aínda que o que nos recomendan dende a Consellería é que se faga por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e tamén  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, cumplimentando o procedemento ED330B.

Os que decidan presentar a solicitude no centro poderán facelo de luns a venres de 9:10 a 11:00 h e polas tardes, de luns a xoves de 16:00 a 17:30 h.

 

- O prazo para presentar as solicitudes do fondo de libros será dende o 19 de maio ata o 19 de xuño.

- O listado provisional farase público o 7 de xullo.

- Os días para reclamacións serán o 8, 9 e 10 de xullo.

- O listado definitivo farase público o 15 de xullo.

- A data para a entrega dos cheques de 1º e 2º de EP para libros e os de material de toda primaria e ESO será do 16 ao 24 de xullo e a partir do 1 de setembro.

A entrega dos libros realizarase ao iniciar as clases.