Inicio Noticias Viaxe fin de curso 4º ESO 1º día

Viaxe fin de curso 4º ESO 1º día

O xoves 16 os alumnos de 4º de ESO iniciaron a súa viaxe de fin de curso a Budapest. Despois de chegar ao hotel camiñamos ata as beiras do Danubio onde fixeron unha viaxe en barco por este río con moitas explicacións históricas e artísticas sobre a capital de Hungría. Moi contentos nesta cidade, chea de arte, cultura e historia.