Inicio Noticias Charla "Que non te líen, tí elixes"

Charla "Que non te líen, tí elixes"

Hoxe tivemos unha charla no noso centro para os alumnos de 3º da ESO, enmarcada no programa "Que non te líen, ti elixes".   Este é un programa educativo da Xunta de Galicia deseñado para fomentar unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero. O seu obxectivo principal é incentivar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, onde a representación feminina adoita ser moi baixa.