Hoxe tivemos a gran sorte de contar no noso colexio coa visita de Miguel Ángel, un dos integrantes da ONG Sarriana Hospitaleros sen Fronteiras, entidade coa que colaboramos no noso recente maratón solidario. Durante a súa charla, compartiu co alumnado unha realidade que, para moitos, era descoñecida: a vida dos nenos talibé e as dificultades ás que se enfrontan no seu día a día. Foi un encontro moi enriquecedor e emotivo, no que os nenos e nenas puideron comprender mellor a onde vai destinada a súa recadación e a importancia da súa colaboración. A través das súas explicacións e testemuños, puideron achegarse de primeira man á realidade doutros nenos do mundo e tomar conciencia do valor da solidariedade e da axuda aos demais. Sen dúbida, unha experiencia moi significativa que nos axuda a seguir educando en valores como a empatía, a solidariedade e o compromiso cos que máis o precisan.