Hoxe, dia 5 de marzo, o xornalista e guionista sarriao, Manuel Darriba, acudíu ao noso centro a presentar aos alumnos de ESO, a serie da TV de Galicia: GALICIA DIVERSA.
Esta serie pretende darlle voz e visibilidade ao colectivo de galegos e galegas con discapacidade e diversidade funcional, ás súas familias e os colectivos que os atenden a través dunha ollada ampla e sen prexuizos a temas como a integración educativa e laboral, a atención terapéutica e o acceso universal á arte, á cultura e ao deporte.
Manuel explicoulles como se realiza o proceso de gravación dunha serie tanto documental como de ficción e todo o traballo e persoas que están involucradas no mesmo.
Dende o colexio dámoslle as grazas a Manuel pola charla tan amena e interesante que nos deu.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.