Onte, 24 de febreiro, tivo lugar un encontro para familias titulado “Stop ao bullying”, unha iniciativa moi enriquecedora para a nosa comunidade educativa.
A charla, organizada polo grupo Mergúllate (Asunción Familias) contou cunha ampla participación de familias do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
A sesión foi impartida por Claudia Regueiro, Técnica Superior en Integración Social e profesional de Cruz Vermella, con ampla experiencia no ámbito socioeducativo e no acompañamento de nenos, nenas e adolescentes.
Durante o encontro, abordouse o fenómeno do acoso escolar dun xeito claro, próximo e moi práctico, ofrecendo claves para a detección temperá e a prevención.
O taller rematou cun momento distendido de convivencia, compartindo un café e un anaco de biscoito, que permitiu estreitar lazos entre familias e profesorado. Foi un pracer, tanto para as familias como para o equipo docente, poder compartir este tempo xuntos nun ambiente próximo e colaborativo.
¡Moitas grazas por acompañarnos!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.