Inicio Noticias Día das Candeas

Día das Candeas

No colexio celebramos con moita ilusión o Día das Candeas, unha xornada moi especial para todo o alumnado de Infantil.

Nesta ocasión, o sacerdote achegouse á capela do centro para acompañarnos nesta celebración tan significativa.  

Todos os nenos e nenas levaron as súas velas e acendéronas aos pés da Virxe María, nun momento cheo de recollemento, luz e emoción. Cantamos cancións, compartimos a experiencia con moita alegría e desfrutamos dun ambiente de festa e convivencia.  

Os maiores de Infantil tiveron un papel moi especial, xa que foron os encargados de ler as preces, facéndoo con moito agarimo e responsabilidade.  

Foi unha mañá moi bonita, vivida con entusiasmo e participación, que quedará no recordo de todos.