O pasado luns recibimos con enorme ilusión a visita dun antigo alumno, Pablo Valín, que regresou ás nosas aulas para ofrecer unha charla ao alumnado da ESO con motivo da presentación do seu próximo concerto, que terá lugar este sábado na Sala Buril de Sarria.
Durante o encontro, Pablo fixo un percorrido próximo e sincero polos seus inicios no mundo artístico. Lembrou a súa etapa como estudante no noso colexio e compartiu anécdotas daqueles anos, nos que o seu camiño parecía ir por outro lado diferente á música.
De feito, explicou que nos seus primeiros anos a súa intención era adicarse profesionalmente ao tenis, o que o levou a incorporarse ao Centro de Tecnificación de Pontevedra, onde puido compaxinar os estudos cunha formación deportiva máis esixente. Porén, co paso do tempo descubriu que a súa verdadeira vocación estaba na música.
Na charla, na que os alumnos tiveron a oportunidade de ver o videoclip dalgunha das súas cancións do disco "Habló Pablo", detallou o proceso creativo dunha canción: desde a inspiración inicial e a composición da letra, ata a produción musical en estudo. Ademais, explicou como se planifica e grava un videoclip, describindo todo o traballo que hai detrás duns poucos minutos de imaxes.
A sesión foi tamén moi participativa. O alumnado da ESO tivo a oportunidade de facerlle numerosas preguntas sobre a súa carreira, os retos do mundo musical, as persoas coas que traballou ou coas que lle gustaría traballar.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora para todos, que permitiu ao alumnado coñecer de primeira man o percorrido profesional dun antigo compañeiro e comprender que os camiños cara ao futuro non sempre son rectos, pero si poden ser apaixonantes.
Desde o colexio desexámoslle a Pablo o maior dos éxitos na súa carreira.
Grazas por visitarnos!!!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.