Hoxe domingo, 22 de febreiro, os astronautas de "Nasunción" do Colexio da Asunción voltamos encher as rúas de cor no desfile de Entroido.
Dende o colexio queremos dar as grazas a todas as familias, alumnos, exalumnos e amigos da Asunción que tanto traballaron na elaboración dos nosos disfraces, poñendo o máximo coidado e paixón para que luciran incluso os máis pequenos detalles.
Por outra banda, un ano máis, temos que recoñecer a grande labor dos carroceiros que conseguiron que nalgún momento parecera que o noso cohete fora despegar!!!.
E tamén dar as grazas a todos aqueles que participaron no desfile animando as rúas de Sarria.
Por último, que non menos importante dar as grazas aos membros do ANPA que xa fai moitos meses que comezaron a poñer en marcha esta idea tan "espacial" para o Entroido!!!
Grazas a todos e noraboa polos premios!!!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.