O alumnado de 3° a 6° de primaria asistiu a pasada semana a un obradoiro financieiro impartido por Abanca no noso centro.
Realizaron dúas actividades, unha Oca Financieira na que tiveron que enfrontarse como familias ao reto de chegar a fin de mes segundo os gastos que lles ían aparecendo e outra na que tiñan que mercar e clasificar dúas tarxetas (mediciñas, vivenda, redes sociais, alimentos, auga, videoxogos...) en necesidades ou desexos. Todo para achegar aos rapaces ás bases do consumo responsable e o aforro. Dende o centro agradecemos ás monitoras e á fundación a oportunidade que nos brindaron.
Pasárono en grande!!!
Premendo nas seguintes fotos podédelo ver.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.