Inicio Noticias Premios "La Voz de la Verdad"

Premios "La Voz de la Verdad"

ESTAMOS DE NORABOA!!!

O pasado luns 12 de xaneiro entregáronse en Lugo os premios do "XVII Concurso de tarxetas de Nadal" de "La Voz de la Verdad".

Os nosos alumnos Axl Argiz Valls de 5 anos, Eider de 1°EP, Lola Chaos de 3º de EP e Daniel Montes de 6º de EP, foron catro dos gañadores de entre máis de 2000 traballos procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

O acto tivo lugar na capital lucense e foi presidido, entre outros, polos membros do xurado, representantes da organización e o Bispo de Lugo e contou ademáis, coa actuación do mago Lolo.

Dende aquí, queremos dar a noraboa a todos pola vosa participación e dun xeito especial aos galardoados.

PARABÉNS !!!