Este curso o noso alumnado de 1º e 2º da ESO está a participar nun concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
Durante, polo menos, seis meses, a clase comprométese a non fumar, reforzando a decisión persoal de coidar a saúde e o apoio positivo entre iguais, coa axuda das titoras.
Como parte da actividade realizouse unha coximetría a 10 alumnos/as elixidos ao azar para valorar a exposición ao fume do tabaco, e o alumnado recibiu tamén unha charla impartida por Isabel García Gómez, Xestora Sanitaria do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo.
O obxectivo é claro: evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos e promover hábitos de vida saudables dende a adolescencia.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.