Inicio Noticias Teatro 25 N

Teatro 25 N

Continuando coas actividades relacionadas co "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", os alumnos de 1º e 2º da ESO acodiron o pasado 17 de novembro á Casa da Cultura de Sarria para asistir a unha representación de Trémola Teatro.

A finalidade era reflexionar sobre a realidade fronte á expectativa: moitos dos contidos que vemos nas redes non son reais.

Ademais, o 19 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron tamén na Casa da Cultura de Sarria a unha charla a cargo de Noelia Míguez, supervivinte de violencia de  xénero.
Os alumnos aprenderon acerca dos distintos tipos de violencia e os procesos cos que os maltratadores controlan ás súas victimas. Esta actividade tivo un alto valor educativo e emotivo dado o tema e a forma de presentalo.