Inicio Noticias Cociñando valores de igualdade

Cociñando valores de igualdade

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou no obradoiro “Cociñando valores de igualdade”, impartido por Javier Carrión coa colaboración do CIM de Sarria, dentro das actividades organizadas con motivo do 25N – Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Mesturando moitos ingredientes —emocións, respecto, inclusión, bo trato e igualdade— elaborouse unha receita fabulosa, na que cada cullerada axudou a descubrir que, cando se traballa en equipo e con corazón, o resultado sempre é mellor.