Inicio Noticias Exposición "Castelao grafista" 1º e 2º da ESO

Exposición "Castelao grafista" 1º e 2º da ESO

O pasado 2 e 3 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de ESO visitou a exposición “Castelao grafista (facsímile)”, situada na antiga prisión de Sarria.

A actividade enmárcase dentro do programa do Ano Castelao 2025 e foi unha excelente oportunidade para achegarse á figura e á obra dun dos grandes referentes da cultura galega.

Durante a visita, o alumnado non só aprendeu máis sobre Castelao e a súa traxectoria artística, senón que tamén gozou das súas creacións máis destacadas. Ademais, realizaron unha actividade con Scratch, na que combinaban as artes gráficas tradicionais coas novas tecnoloxías, creando así unha ponte entre o legado artístico de Castelao e a creatividade dixital do presente.