O martes 17 de xuño, o alumnado de 1.º e 2.º da ESO, realizou unha saída moi especial que combinou natureza e arte. Realizaron unha ruta de sendeirismo polas Aceas, gozando da paisaxe e do aire libre nun entorno privilexiado.
A medio camiño, visitaron o taller de Violeta Bernardo, artista e antiga profesora do colexio. Alí puideron coñecer o seu traballo, ver de preto algunhas das súas obras e descubrir o proceso creativo dunha artista comprometida e inspiradora.
Foi unha experiencia moi especial, non só pola riqueza cultural e natural, senón tamén polo reencontro co legado dunha docente que deixou pegada no noso colexio.
O contacto directo coa arte e coa natureza favoreceu a curiosidade, a creatividade e o respecto polo patrimonio.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.