Inicio Noticias Educar no uso das redes sociais

Educar no uso das redes sociais

O grupo de familias “Mergúllate” organizou unha charla dirixida ás familias de 5º e 6º de primaria sobre o uso das redes sociais.

Irene Iglesia e Marcos Regueiro, xefa de estudos e director do centro, foron os encargados de abordar temas como os perigos das redes, a súa capacidade adictiva, sinais de uso abusivo e técnicas de autorregulación.

Ao final da charla xurdiu un interesante debate onde as familias compartiron as súas dúbidas e inquedanzas sobre o uso dos móbiles en idades témperas e que puidemos rematar cun momento distendido compartindo un café.

Foi un espazo enriquecedor de aprendizaxe e convivencia.

Moitas grazas por a vosa compaña!