Inicio Noticias Charla Bitxiños

Charla Bitxiños

O alumnado de Infantil e primeiro ciclo de primaria recibiu a visita dunha veterinaria e enfermeira de animais da clínica Bitxiños.

Aprenderon como coidar ás mascotas, que fan os veterinarios no seu día a día e incluso usaron un fonendoscopio para escoitar o corazón!

Tamén descubriron que na clínica lles cortan o pelo aos cans para deixalos ben guapos.

Foi unha mañá moi divertida e chea de aprendizaxes.