O domingo, 2 de marzo, os Asun-Peiros do Colexio da Asunción fixemos danzar as nosas faldas, pompóns, cintas, capuchóns... polas rúas de Sarria no desfile de Entroido.
Dende o colexio queremos dar as grazas a todas as familias, alumnos, exalumnos e amigos da Asunción que tanto traballo pasaron na elaboración dos nosos disfraces xa que estaban totalmente feitos a man, incluso os máis pequenos detalles.
Por outra banda recoñecer a grande labor dos carroceiros que fixeron que a nosa carroza fose admirada e comentada por todos os que a puideron ver.
E tamén dar as grazas a todos aqueles que participaron no desfile.
Por último dar as grazas aos membros do ANPA que puxeron en marcha esta idea para o entroido e tanto fixeron desfrutar a grandes e pequenos cos talleres de entroido que organizaron.
Grazas a todos e noraboa polos premios!!!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.