Inicio Noticias ALUMNOS DA ASUNCIÓN SARRIA PARTICIPAN NO “ENCONTRO DEPORTIVO EN PONFERRADA”

ALUMNOS DA ASUNCIÓN SARRIA PARTICIPAN NO “ENCONTRO DEPORTIVO EN PONFERRADA”

         Preto de corenta alumnos do colexio, de 3º de primaria a 3º de ESO, participan, nun “Encontro deportivo” en Ponferrada, con motivo da celebración dos “50 anos do Colexio de Ponferrada”.

            Na xornada de onte, día trinta, os alumnos acadaron a victoria en seis encontros entre fútbol e baloncesto.

            Hoxe, día un de maio, continúan as competicións ata as cinco da tarde, hora na que terá lugar a entrega de trofeos e a clausura.

            Parabéns aos nosos alumnos polo ben que xogaron onte, ao tempo que lles desexamos moita sorte hoxe!

            E moitas grazas a aqueles pais e avós que estades tamén con nós en Ponferrada axudándonos e animando aos equipos!!!

 

 

0
0
0
s2smodern