Inicio Noticias Amigo invisible en 6º de Primaria

Amigo invisible en 6º de Primaria

En 6° de primaria durante as últimas semanas realizamos unha actividade moi interesante e novidosa, "O amigo invisible". O alumnado escribiu cartas e notas para que o seu amigo invisible poidese averiguar quen era a persoa que llas enviaba ou para despistar... O obxectivo era coñecerse mellor e desfrutar coa actividade. Para rematala cada un tiña que facer un agasallo para o seu amigo e tamén fixeron un para un amigo moi especial!!! Bo Nadal!!!