Inicio Noticias Visitas que alegran corazóns!

Visitas que alegran corazóns!

O pasado 21 de decembro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria acodiron ao centro de día "Os maios" para adicarlles unhas panxoliñas e pasar un rato moi agarimoso cos residentes. Ademais fixeronlles entrega dunhas postais personalizadas.

Ao rematar a súa visita, percorreron as rúas da nosa vila "sementando estrelas" coa mensaxe "Xesús nace para todos".

O alumnado de 4°, 5° e 6° de Primaria foron cantar panxoliñas ao CAPD, onde pasaron un rato moi divertido e pudieron desfrutar do seu Belén e as manualidades tan bonitas que fan. Ao marchar, deixáronlles unhas felicitacións feitas e personalizadas para eles. Todos os alumnos foron agasallados cuns adornos para a árbore.

Para rematar as visitas, un grupo de alumnos da ESO acodiron a residencia de maiores de Sarria, onde desfrutaron duns momentos moi agradables cantando panxoliñas. Ademais fixeronlles entrega das postais que, con moito agarimo, fixeron e personalizaron para os residentes os alumnos do colexio. 

Queremos darvos as grazas a todos por deixarnos compartir un rato con vós.