Onte xoves, 30 de novembro, o alumnado de 6° de primaria realizou unha actividade sobre alimentación saudable impartida por Eroski. Primeiro recibiron unha charla sobre os distintos grupos de alimentos, os nutrientes que conteñen e os piares dunha dieta equilibrada. Logo visitaron o supermercado coñecendo as distintas seccións, curiosidades sobre certos produtos frescos ou os EPIs que empregan para garantir a seguridade das persoas. Finalmente foron obsequiados cun petisco a base de froitas e lácteos realizando tamen xogos nos que activaron os seus sentidos para recoñecer froitas e verduras.
Premendo na seguinte imaxe podedes visitar o blogue para ver o ben que o pasaron.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.