Inicio Noticias Campaña Solidaria Mariola

Campaña Solidaria Mariola

Dende Mariola Solidaria invítannos a participar na Campaña Solidaria de recollida de roupa e  calzado en beneficio da ONG Global Humanitaria.

Durante a campaña que se realiza neste ano 2023 o proxecto co que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicialmente é "Right to education" en Bengala Occidental, India. Este proxecto conssite na posta en marcha e o mantemento de 21 centros de reforzo educativo para nenos e nenas de preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbans.

Na bolsa que hoxe levaron os nosos alumnos podedes enviar calquera deses productos ata o día 6 de outubro.