Inicio Noticias Iniciación á pegada dixital

Iniciación á pegada dixital

O día 30 de maio de 2023 dentro das Charlas Divulgativas ofertadas pola AMTEGA (Axencia para a Moderización Tecnolóxica de Galicia), realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada “Iniciación a Pegada Dixital”.

Nesta charla contamos coa presenza de David Bascoy, experto en Ciberseguridade e en Redes Sociais. Levou a cabo unha ampla exposición sobre o tema de Ciberseguridade e Protección de datos nas Redes Sociais.

Na exposición fixo partícipe ao alumnado, animounos a que preguntaran e que expuxeran os seus coñecementos e experiencias nas redes sociais.

O alumnado amosouse moi atento, facendo preguntas de interese, tanto durante a charla como ao final da mesma.

Así mesmo ratificamos o interese deste tipo de iniciativas,moi cercanas á realidade diaria do alumnado e que lles axuda a coñecer un entorno, que sin as debidas precaucións e coñecemento, pode ser problemático.