Inicio Noticias Contra o maltrato Tolerancia Cero

Contra o maltrato Tolerancia Cero

A Fundación Mutua Madrileña e Antena 3 Noticias, a través da súa iniciativa de Responsabilidad Corporativa, ‘Contra el maltrato, Tolerancia Cero’ convocaron a todos os centros de enseñanza secundaria de España a unha webinar sobre violencia de xénero. Este seminario celebrouse o xoves, 25 de maio, ás 12:00 horas, no IES Ramiro de Maeztu, de Madrid, ao que tivemos acceso dende unha páxina web. Participaron no webinar os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO, durou unha hora e foi retransmitido en directo na web de Contra o Maltrato, Tolerancia Cero, co obxectivo de informar aos xóvenes da importancia da gravedade que ten a violencia de xénero entre as persoas da súa idade. Tratáronse diversos temas sobre esta lacra, entre outros, a violencia física, violencia psicolóxica, incluindo condutas relacionadas cos celos e o dominio, o cibercontrol na parella o a violencia sexual online, expoñendo condutas como o sexting e as súas problemáticas asociadas.