Inicio Noticias Plogging-sendeirismo no Camiño de Santiago

Plogging-sendeirismo no Camiño de Santiago

Os alumnos de 5º de Educación Primaria do Colexio da Asunción de Sarria fixeron o venres 26 de maio un tramo do Camiño de Santiago en dirección a Portomarín ata a igrexa de Santiago de Barbadelo, patrimonio nacional.

Neste percorrido entrevistaron a peregrinos de diferentes nacionalidades para que compartisen con eles a súa percepción do estado ecolóxico do tramo do Camiño Francés que tiñan percorrido e aportasen tamén propostas de mellora neste eido.

Igualmente achegamos a nosa contribución a un planeta máis limpo facendo plogging neste tramo, é decir, os alumnos recollendo residuos deixaron o Camiño máis limpo do que o atoparon.

Valoramos moito esta actividade que combina exercicio físico moderado, coñocemento do entorno natural e patrimonial e concienciación ecolóxica.