Inicio Noticias Charla da artista sarriá Violeta Bernardo

Charla da artista sarriá Violeta Bernardo

Este pasado luns, 22 de maio, os alumnos de 1º e 3º da ESO, como parte da materia de Educación Plástica e Visual, tiveron a sorte de poder escoitar a artista sarriá e antiga profesora do noso colexio, Violeta Bernardo, falar de como era o proceso de creación das súas obras, de como comezou nese mundo, dos seus mestres e referencias e de todos os lugares onde se podía ver a súa obra. 

Foi un pracer escoitala!

Grazas Violeta por facer tan ameno e instructivo para os nosos alumnos este tempo que pasamos contigo!