Inicio Noticias Charla “Chocolate, Wifi e Buratos Negros”

Charla “Chocolate, Wifi e Buratos Negros”

O día 31 de marzo de 2023 dentro das “Charlas Divulgativas” ofertadas pola Escola de Enxenaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo, realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla titulada “Chocolate, Wifi e Buratos Negros”. Nesta charla contamos coa presenza de Felipe Gómez Cuba, investigador da Universidade de Vigo, experto en comunicacións inalámbricas que fixo unha exposición de cómo se levou a cabo a primeira fotografía dun Burato Negro. Para elo fixo unha explicación das ondas electromagnéticas e as súas características, para seguidamente comentar en que se basa o funcionamento das antenas como as da wifi e tamén como cunha lata e unha antena podemos ter un amplificador de sinal. Todo o anterior serviu como base para a explicación da primeira fotografía do burato negro. Todo elo dunha maneira rigurosa e amena.