Hoxe, 21 de marzo, os alumnos de 6º de primaria e 1º de ESO participaron na celebración do día internacional da poesía organizada pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández coa colaboración con concello de Sarria. Os actos comezaron ás 12 da mañá na Praza da Vila, onde se reuniron representantes de todos os centros escolares da contorna. Un grupo de alumnos de cada curso saíron por turnos a recitar poemas de Manuel María, e tamén se cantaron as cancións "o cuco" e "o carro" e recitaron todos xuntos "poemas por un tubo". Aproveitouse a ocasión para facer entrega dos premios de poesía de Nadal organizados pola biblioteca pública de Sarria, e entre os gañadores estaban tres alumnos do noso centro: Sheila Gato Piñeiro, de 5º de primaria; Carla Maside Piñeiro, de 6º de primaria; e Milín Balboa González, de 2º de ESO.
O acto estivo moi ben organizado e tivo unha gran afluencia de participantes.
Ademais, no colexio, os alumnos de 4º de EP tamén celebraron o día como podedes ver na seguinte galería.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.